Orde de axudas á apicultura 2014

Saíu publicada no Doga Nº 91 do mércores 14 de maio.

ORDE do 2 de maio de 2014 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2014.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140514/AnuncioG0165-060514-0005_gl.html

O importe total das axudas para este ano 2014 é de 400.000€, que se repartirán nas seguintes liñas de actuación:

    1. Asistencia técnica aos apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores.
    2. Loita contra a varroase.
    3. Racionalización da transhumancia.

 

Dentro destas subvenciónanse una serie de cousas, entre outras:

1. A contratación de técnicos especialistas. Subvención de ata 90% cun límite de 27.000 Euros. E limitando tamén 1 euro por colmea.

2. Tratamentos contra a varroase. Cunha subvención de ata o 90%, cun límite de 4 euros por colmea.

3. Adquisición de material para colmeas: ceras, fondos sanitarios. Cunha subvención de ata o 50%.

 4. Transhumancia: Esta axuda é de ata o 70% do custe. Pódena solicitar os apicultores que fan transhumancia e teñen máis de 50 colmeas.

5. Xornadas de formación con especialistas. Folletos, catálogos, de divulgación técnica. Cunha subvención de ata 90%.


Cando se di subvención ata un tanto por cen non significa que vaia a ser esa porcentaxe. Pode ser menos ao igual que o ano pasado que ao final as reduciron do 50% ao 39%, aínda que non volo repercutimos aos socios e foi a Agrupación a que puxo os cartos.

A orde que van seguir dende a Consellería para o reparto das axudas será a que se puxo con anterioridade con números. O que quere dicir que se rematan os cartos nun dos apartados os seguintes quedan sen subvención.

Como ben sabedes a Agrupación Apícola de Galicia vai subvencionar o mesmo que o ano pasado: técnicos, tratamento contra a varroa e ceras. Por todo elo xa enviou cartas aos seus socios solicitando as fotocopias do caderno de explotacións apícolas.

Coma todos os anos só poderán recibir as axudas os apicultores que enviaron as fotocopias en tempo e forma.

Como ben sabedes xa se repartiron as ceras subvencionadas.

En canto ao tratamento recibiredes despois coma todos os anos cartas na que se vos explique todo o proceso.

En canto a cursos cremos que non chegará a subvención, pero séguese coa laboura de formación que se vos informou.